Día 5, martes: Conferencia da profesora da Universidade da Coruña, Carme Fernández Pérezsanjulián sobre "Literatura galega do s. XIX, entrando no
XX".
Será ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo.
De 19:15 a 20 h. e no mesmo lugar, anotacións para a viaxe á Illa de Ons e tamén para a de Coruña (Exposición de Picasso e Castro de Elviña).
Reproducimos aquí esta carta que envían os anfitrións do Entroido de Santulhao (Portugal):
Caro Lois Diéguez:
Começo por pedir desculpa por só agora dar resposta ao vosso email.
Não há nada para agradecer, para nós é um prazer receber e acolher quem nos visita e principalmente quem conosco partilha a vontade de manter as tradições.
O Entrudo é para nós uma festa muito popular, é feita para o povo e com o povo. Tentamos preservar e manter viva a festa tal e qual era celebrada pelos nossos antepassados.
Este ano o tempo ajudou, pois não choveu, o que permitiu que a festa fosse ainda mais animada!
Acredite que para nós foi um gosto acolhe-los e esperamos que nos visitem mais vezes!
A minha esposa ficou muito emocionada com as cantigas que nos dedicaram e o copo de xenxinha foi apenas um pequeno gesto de agradecimento pela vossa presença e partilha de culturas.
Agradeço novamente a vossa visita e esperamos do fundo do coração que tenham ficado boas recordações para que nos possam visitar mais vezes!
Um enorme abraço para todos vocês!
Pascoal Padrão
FELIPE SENÉN LÓPEZ GÓMEZ
Por canto diremos abaixo mellor sería falar do Picasso coruñés que galego. O caso é que na cidade -que noutrora foi máis capital e sucursal- vaise facendo o que xa se debera ter feito, cumprindo unha débeda que a Coruña tiña co nome universal de Picasso (Málaga 1881- Mougins 1973). A partir de agora as biografías do xenio non saltarán de Málaga a Barcelona. Por fin asúmense prioridades, realidades en relación coa Historia da cidade, máis alá das virtualidades encargadas por catálogo.
Abril
Do 2 ao 5 (Semana Santa): Viaxe ao Portugal do Minho e ás cidades e arredores de Braga, Barcelos e Guimaraens (Patrimonio da Humanidade), onde veremos desde paisaxes encantadas, artistas populares do barro, monumentos que construíron a Galiza e o Portugal do Afonso Henriques ou feiras que manteñen o seu carácter popular e artesán. Atenderemos con interese dúas xoias destas terras: o mundo castrexo representado pola Citania de Briteiros; e o rito tan sonado da Semana Santa de Braga.
Anotacións até o día 12 de marzo chamando ao tfne. 676 800 227.
Esta viaxe terá un custo aproximado de arredor de 300 euros (incluíndo todo menos ceas) e farase se hai un mínimo de 16 persoas, sexan asociados-as ou non. A partir do 12 de marzo darase o programa detallado e prezo definitivo, en caso de ir.Según o vaides decidindo chamade, pois se podemos adiantar a data de notificación mellor, por causa das reservas do hotel.
Día 15, mércores: Conferencia da profesora Celia Armas García sobre "Mulleres na cultura do s. XIX galego".
Ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo.
Maio
Día 5, martes: Conferencia da profesora da Universidade da Coruña, Carme Fernández Pérezsanjulián sobre "Literatura galega do s. XIX, entrando no XX".
Será ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo.
De 19,15 a 20 h. e no mesmo lugar, anotacións para a viaxe á Illa de Ons e tamén para a de Coruña (Exposición de Picasso e Castro de Elviña).
Día 16 de maio, sábado: Viaxe á cidade da Coruña onde pasaremos o día para ver a Exposición de Picasso e o Castro de Elviña, tendo como guía a Felipe-Senén López.
Saída ás 8,00 h.
Día 15, mércores: Conferencia da profesora Celia Armas García sobre "Mulleres na cultura do s. XIX galego".
Ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo.
O Dolmen e a Serpe
Lois Diéguez
Unha mirada a un patrimonio que de distintas formas se nos está indo, no seu contido, na súa valoración, ou na propia forma.
Non corren tempos de amor para o noso patrimonio, un dos sinais de identidade máis importante dunha cultura, polo xeral, afastada da protección que necesitaría. O roubo e mesmo o crime, van agora da man, e un non acaba de entender ese mal sino que sofren grandes monumentos nosos como O Códice Calixtino, a Virxe do Cristal ou as rehabilitacións feitas a machado e sen o mínimo respecto obrigado. E o desprezo ás asociacións que veñen traballando por erguer a conciencia necesaria para o resgate do que, en moitos casos, se oculta ou se deixa morrer. LugoPatrimonio, por exemplo, segue aínda esperando despois de case catro anos, a entrevista solicitada á suprema Delegada Territorial da Xunta para a provincia de Lugo, unha tal Raquel Arias. Ela debe crer que o patrimonio, a cultura, son outra parcela do PP e ante ela se hai que dobregar.
Visitamos hai uns días, da man dese home, museólogo e arqueólogo, que neste momento ten as claves e o coñecemento máis diverso a respecto do noso patrimonio, de aquí e tamén do que a nosa historia, por diversas razóns, deixou polo mundo adiante. Non só emigramos nós, senón moito da grande riqueza que creamos. Falo de Felipe-Senén López. Con el vimos moito mundo, cousa que sempre lle agradecemos. E hai uns días, como dicía, visitamos dous dos nosos garandes monumentos, A Serpe de Gondomil e o Dolmen de Dombate, aló, polas terras de Corme e Ponteceso, do sempre sorprendente Bergatiños que asoma ao mar bravo, e no río Anllóns, compañeiro poético do grande Pondal. Agora que só vivo de tristes suidades,/que cumpro con traballo meu terrenal viaxe/ e que á miña cabeza branquea a grave edade,/ aínda recordo, aínda, o dólmen de Dombate. Así era.
Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.